O goberno local ultima os preparativos da IX edición da Festa do Viño que se celebrará os días 30 e 31 de xullo na explanada de Riomaior, ao igual que na última edición, para dar cabida con maior comodidade á afluencia de público que habitualmente se rexistra neste evento.

Sete viticultores locais e cinco adegas da IXP Ribeiras do Morrazo, unha delas de Vilaboa, convertirán durante dous días a Festa nun escaparate no que dar a coñecer a variedade de aromas e matices que caracterizan os viños destas terras. Elisa Ruibal García «Casa da Boullosa»; Manuel Conde Conde, Manuel Collazo Fernández, José Blanco Martínez «Quinteiro de Sabela»; Jesús Amoedo Leiro «Casa da Torre»; Manuel Rúa “Casa Quinteiro”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Adega Reboraina (Redondela); Adega Ardán (Marín); Adega Mosteiro de Poio (Poio); Adega Videiras no Mar O Hío (Cangas) e Guillermo Martínez Pintos de «Adega Os Areeiros» serán os protagonistas dunha festa na que o sábado día 30 terá lugar a III Cata profesional das adegas, ás 12 da mañán, á mesma hora na que se vai celebrar un concurso- cata dos viños participantes.

Ademáis dos stands das adegas para a degustación dos viños, o recinto de Riomaior acollerá na última fin de semana de xullo un servizo de bar a cargo da cafetería O Toxo, de Vilaboa mentras que os irmáns Iván e Jorge González, de Pulpería Selecta, encargaranse de que non falte polbo á feira durante toda a fin
de semana. O Goberno local aposta así pola promoción do comercio local
nesta festa, na que tamén participarán artesáns de Vilaboa. A ourivre Pilar
Blanco ofertará un obradoiro de pintado en metal de pequenas xoias e as
palilleiras locais tamén farán un obradoiro a partir das 19 horas.
Actuacións musicais e inchables para os nenos completan un programa festivo
que arrancará nas dúas xornadas ás 11 da mañán e se prolongará ata a media
noite e no que ainda quedan sorpresas por desvelar.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí