Estado dos contedores no rural cangués. Estes pertecen ao barrio de San Roque.

AV denuncia esta situación e a imposibilidade de que a veciñanza poida reciclar de forma seria ante a «pasibidade do Goberno Municial e da Mancomunidade»

Os contedores de cartón, plástico e vidro levan semanas sen ser recollidos pola empresa concesionaria o que fai que tras o temporal de estos días os refugallos atópanse espallados por todas as aldeas do municipio. «Iso fai que a veciñanza se plantee en serio si vale a pena reciclar», denuncia Alternativa dos Veciños (AV), o partido que lidera a exalcaldesa Victoria Portas. Desde fai moitas semanas, din, a veciñanza comunica a situación na que se atopan os contenedores, todos en xeral, «e non ven que ninguén faga algo».

Explican que por unha banda «os contenedores de cartón levan semanas sen ser vaciado e o de plástico leva máis de tres meses sen recoller o que fai que a veciñanza acabe introducindo todo no contedor que queda baleiro».

Pola súa banda, os contedores de vidro están rodeados de cristais rotos que debería recoller Urbaser «pero que non fan o que supón un perigo para os que transitan polo lugar, principalmente nenos e nenas». A isto súmase que «os contedores de orgánico teñen os pedais todos rotos, o que fai que persoas maiores ou con mobilidade reducida lles supoña a imposibilidade de meter as bolsas dentro dos mesmos, polo que moita veciñanza xa comeza a deixar as bolsas fora, o que fai que os animais rompan as bolsas e o espallen todo polo pobo».

Ésta é unha denuncia constante e continua, lembran dende AV, e aínda que no Nadal pasado desde a Mancomunidade fíxose a compra dunha remesa de contedores novos e que se ían arreglar os rotos «en Cangas nada sabemos de dita compra nin de ditos arreglos».

Desde Alternativa fanse eco do enfado da veciñanza por este motivo e entendendo que «é imposible ser partícipes de coidar a nosa contorna, vense impotentes xa que reciben como resposta o silencio ante as súas queixas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *