O concelleiro Pablo Novas e Manuel Solla, de Acemas, presentaron as actividades que acollerá a parroquia o 3 de febreiro
Seixo celebrará a festividade de San Blas o vindeiro 3 de febreiro de 2026 cun completo programa de actos relixiosos e culturais, organizado pola Parroquia Nosa Señora do Carme de Seixo (Marín) e ACEMAS. Como antesala á festividade, os días 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro celebrarase o misa ás 19:30 horas.
O Día de San Blas, martes 3 de febreiro, comezará ás 12:00 horas coa misa solemne, seguida da tradicional bendición do pan. A continuación, e se o tempo o permite, celebrarase a procesión na honra de San Blas, acompañada polo grupo de gaitas de Carballido (Ardán).
Tras a procesión, as persoas asistentes poderán gozar dunha degustación de callos, pan e viño, nun ambiente festivo e de convivencia.
Os actos continuarán pola tarde con música tradicional:
● Ás 17:00 horas, pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste.
● Ás 18:30 horas, misa vespertina.

