Presentación diante do mercado de Seixo.

A concelleira Cristina Acuña e as promotoras do Mercadiño, xunto co Manuel Solla, de Acemas, presentaron o evento

O espírito do Nadal está presente en todo Marín pero terá unha data ineludible no Mercadiño que se celebrará este domingo na Praza de Abastos de Seixo.

Todas as persoas que queiran mercar agasallos para este Nadal poderán hacerlo nos postos de artesanía que se colocarán por todo o lugar e que poderán visitarse de 11.30 a 20.30 horas.

A maiores, a partir das 17.00 horas estarán os elfos para recoller as cartas dos nenos e nenas que queiran facer chegar os seus desexos a Papá Noel. E para quentar o corpo, haberá chocolatada e viño quente de balde.

Por cada compra que se realice no Mercadiño, entrarase nun sorteo de agasallos.

O sorteo será ás 20.00 horas e Acemas aposta 50 euros en cheques de compra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *