Samuel xunto a outros coñecidos en Marín.

Samuel Kwesi é o terceiro sobrevivente do naufraxio en augas de Terranova, en Canadá, do pesqueiro Villa de Pitanxo. Aínda que nun principio dábaselle por desaparecido, finalmente esta mañá sóubose que está con vida xunto aos outros dous cangueses, Juan Padín e o seu sobriño, a salvo no buque que lles salvou, o Playa de Menduiña 2. Polo momento Salvamento Marítimo informa de que se mantén a situación de 3 sobreviventes, 10 falecidos e 11 desaparecidos.

Samuel Kwesi chegou a Marín tras unha longa travesía desde Ghana escondido como polisón, xunto a outros compañeiros do mesmo país, nas hélices dun cargueiro que tiña como destino o Porto de Vigo. Unha vez en augas viguesas lanzouse á auga e grazas á colaboración cidadá acabou baixo a protección da Asociación Sor Elvira de Marín. Diso xa fai uns cinco ou seis anos. Quen lle coñece defíneno como unha boa persoa.

Segundo informou este mediodía o delegado do goberno, que se desprazou esta mañá a Marín, José Miñones, os tres sobreviventes «atópanse en proceso de descanso e aínda en shock». Ademais, e segundo puido saber tamén Morrazo Noticias, os tres están aínda no Praia Menduiña 2 ante a complexa situación meteorolóxica que se vive aínda en Terranova. Nesta embarcación tamén están sete dos 10 falecidos. Noutro barco portugués atópanse os outros tres corpos aínda sen identificar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *