Roi Casal nun concerto.

O músico Roi Casal chega a Cangas o vindeiro sábado baixo o programa As Músicas do Camiño. Será ás 22:30 horas na explanada de Ojea de balde.

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nacido en 1980. Domina con gran virtuosismo a arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios do seu país natal. Foi integrante de Milladoiro entre os anos 2000 e 2009. A súa carreira artística en solitario comeza en 2009 coa publicación do álbum Lendas Douradas, ao que seguiron Maxicamente Vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Os tres traballos foron destacados pola crítica especializada e convertíronse nos discos máis vendidos en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos.

A súa música sirveu ademáis de banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos países.

As xiras deste artista teñen chegado a Brasil, Arxentina, EEUU, Suiza, Uruguai, Portugal ou Cuba entre outras nacións.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí