Obras do colector de Pedreiras.

As complicacións técnicas dos traballos mantiveron paradas estas obras, que son esenciais para mellorar os servizos municipais no barrio

Despois de varios meses paralizadas, as obras de mellora en Pedreiras de Abaixo retomáronse esta semana. Así o anunciou o concelleiro Pablo Novas, que explicou que neste tempo tratouse de buscar a mellor solución técnica ante os problemas que foron aparecendo para poder renovar os servizos municipais.

Neste momento, xa se está a colocar o novo colector, o que mellorará sustancialmente o saneamento e abastecemento no lugar. Ademais, dados os retrasos producidos, aprobouse recentemente na Xunta de Goberno Local unha ampliación do prazo de execución de tres meses. Así, a previsión é que no mes de novembro poidan darse por fi nalizadas as obras.

Esta intervención supón unha mellora integral nos servizos na zona, así como un intento de mellora da mobilidade, dada o complexo da confi guración da propia trama urbana, moi en pendente en con moitos problemas de accesibilidade e de estreiteza das súas vías. A inversión que se está a realizar é de 284.752,16 euros, co IVE incluído.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *