Invertíronse cerca de 196.000 euros, ao abeiro dunha subvención do IDAE, procedente dos fondos FEDER, e coa aportación do 10% da Deputación de Pontevedra e o restante 10% das arcas municipais
As melloras tecnolóxicas, a concienciación social e o incremento do prezo da enerxía motivou que nos últimos anos se centren esforzos na renovación do alumeado público de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, utilizando tecnoloxías máis modernas que axuden ao medio ambiente e ao aforro de cartos públicos.
Nese sentido, Marín vén de executar un ambicioso proxecto de renovación de luminarias, cambiando 341 puntos de luz do casco urbano e no Estadio Municipal de San Pedro por tecnoloxía LED, instalando unha potencia total de 50.870 W.
Para levalo a cabo, foi preciso realizar unha inversión de 195.775,18 euros, que procede dun convenio coa Deputación para a xestión dunha subvención do IDAE, quedando o reparto económico da seguinte forma: 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE); 10% da Deputación Provincial e 10% das arcas municipais.
Con este proxecto, conseguiuse reducir a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e mellorando a eficiencia das instalacións, sen ter que incrementar o número de puntos de luz á vez que se cumple cos niveis esixidos de luminancia.
A actuación desenvolveuse en diversas partes do casco urbano, sendo esta a distribución por bloques e por número de luminarias:
Zona Luminarias renovadas:
● Banda do Río e as súas transversais
● Subida á Rúa do Forte
● Augusto Miranda 9
● Rúa do Sol
● Rúa Real
● Rúa Almuíña
● Rúa Echegaray
● Ribeira de Arriba
● Praza da Veiguiña
● Secundino Lorenzo
● Rúa do Forno
● Concepción Arenal 23
● Fondo do Saco
● Rúa da Róda
● Méndez Núñez
● Méndez Núñez
● Rúa Estrada
● Campo de fútbol e pista de atletismo de San Pedro