O Concello de Marín está a levar a cabo esta actuación coa Brigada Municipal de Obras, dando resposta a unha demanda da veciñanza
No marco das actuacións de mellora do entorno urbano, o Concello de Marín está a desenvolver unha actuación na Barriada de San Pedro centrada na renovación da beirarrúa e dos servizos municipais, unha demanda veciñal que está a ser executada polos operarios da Brigada Municipal de Obras.
Os traballos inclúen a instalación de novas baldosas, o cambio de bordos e a substitución das tubaxes do subministro de auga potable e augas fluviais, algunhas das cales eran de cemento, materiais en desuso dende hai anos.
Esta é unha primeira fase, xa que a actuación se estenderá ata o final da rúa, mellorando así a accesibilidade e a seguridade dos peóns.
Con estas obras, o Concello de Marín reforza o seu compromiso coa modernización do espazo urbano e a calidade dos servizos esenciais para a veciñanza.