O Concello vén de rematar as obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, ata onde se achegaron os concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos, para comprobar o bo remate das obras.
O firme e a explanada atopábanse nun estado de conservación deteriorado, por iso levouse a cabo a construción dunha estrutura de contención e a formación dun novo firme máis ríxido. Tamén se limparon as cunetas.
A obra foi realizada pola empresa Construcciones Caldevergazo por un importe de 37.268,00 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.