Os traballos, que permitiron sustituir a cuberta e eliminar a simboloxía franquista, foron cofinanciados por Deputación e Concello
O lavadoiro de Pousada, no lugar de Nores, luce xa un aspecto renovado tras unha intervención que permitiu a restauración tanto da cuberta como da estrutura así como a eliminación da simboloxía franquista en cumprimento da Lei da Memoria Histórica. Ambas actuacións supuxeron un investimento de 24.963 euros que foron cofinanciados entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilaboa.
Os traballos consistiron na demolición de viguetas na súa totalidade e a limpeza e chorreado en todo o lavadoiro incluíndo a ía de lavado. Posteriormente procedeuse ao enfoscado con morteiro de imitación pedra nas paredes laterais de cemento, en integración coa pedra do lavadoiron previo á instalación dunha cuberta nova de estrutura de madeira tratada con colocación de tella. Os traballos incluiron tamén a remodelación dos peldaños de acceso ao lavadoiro e a instalación dunha porta en forza negra na fonte.


O lavadoiro de Pousada é un elemento cultural de recoñecido valor etnográfico de propiedade municipal que presentaba un estado de conservación deficiente e que ademais presentaba simboloxía franquista (xugo e frechas) esculpidas, que agora foron eliminadas.
O Concello presentou á Deputación o proxecto dentro da liña de subvencións tanto para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos como para a restauración e sinalización do patrimonio histórico cultural. O alcalde de Vilaboa, César Poza, supervisou esta mañán o resultado final dos traballos.