Ramallo cos nenos dos campamentos en Briz.

As catro quincenas do verán estiveron ocupadas por cerca de 300 nenos e nenas, que desfrutaron de actividades, xogos e lecer nas mañás

Moitos sorrisos, ganas de empezar de novo o cole e últimos plans do verán. Ese é o resumo dos nenos e nenas usuarias dos campamentos municipais de conciliación cos que estiveron este mediodía a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Mónica Viqueira, que se achegaron ata a Finca de Briz.

Este venres, remata este servizo municipal que se estende durante as catro principais quincenas do verán e que ten por obxectivo axudar ás familias de Marín a que poidan conciliar durante toda esta época non lectiva, ofrecendo unha opción de lecer para os máis peques en horario de mañá.

“Facilitarlle o coidado dos pequenos ás familias é o mellor que podemos facer por elas durante o verán, xa que é difícil conciliar as xornadas laborais co feito de que non teñan colexio. Por iso, sabemos que os campamentos son unha necesidade enorme, que queremos seguir fomentando e coidando”, explicou a alcaldesa, que tamén engadiu, “o positivo que é para a rapazada botar as mañás con outros nenos e nenas da súa idade e facendo actividades lúdicas, educativas e ao airelibre. É unha forma perfecta de aproveitar o verán”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *