A falta duns pequenos remates, a obra está prácticamente fi nalizada, cunha inversión de cerca de 285.000 euros con cargo do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra
A renovación do barrio de Pedreiras de Abaixo avanza cara a súa finalización completa. A falta de pequenos retoques que se rematarán neste mes, a obra está practicamente fi nalizada e xa é posible gozar dos benefi cios que trouxo consigo.
Así pudieron comprobalo a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas, que visitaron a obra xunto con veciñanza da zona e con Marconsa, a empresa encargada de executar os traballos, que presentaron moitas complicacións “que fi nalmente fumos capaces de solventar, tratando caso a caso as necesidades dos veciños e veciñas”.
Os traballos incluíron o cambio da rodadura, así como diversas actuacións para mellorar a accesibilidade, entre as que destacan a adaptación das ramplas e a substitución das escaleiras existentes por outras máis practicables. Ademais, instaláronse novas papeleiras co obxectivo de mellorar o equipamento urbano.
A intervención tamén contemplou a corrección das rasantes, co fi n de adaptar correctamente os accesos tanto aos garaxes das persoas residentes como ás propias vivendas, permitindo así a chegada dos servizos municipais en condicións adecuadas. Para facer posible esta mellora, foi necesario retranquear un poste de Fenosa que difi cultaba o acceso.
A obra atópase actualmente pendente de recepción e contou cun orzamento total de 284.752,16 euros (IVE incluído), fi nanciados ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.
Esta actuación supón un paso máis na aposta do Concello por mellorar a calidade de vida da veciñanza e adaptar os espazos públicos ás necesidades actuais.

