Un incendio queimou parte dunha cociña dun piso da rúa Ezequiel Masoni de Marín. Ata o lugar acudiron os bombeiros do Morrazo e os de Pontevedra, que se encargaron de airear a vivenda porque cando chegaron as chamas xa estaban apagadas.
No serán de onte, tamén tiveron que acudir a Marín para limpar a fachada do edificio Raminundo Vázquez, situado na esquina da Avenida de Ourense con José Trasande, despois de que unha bomba de formigón que traballaba nas inmediacións danase a fachada do inmoble.
En ningún dos dous casos houbo que lamentar danos persoais.