A campaña polo Día da Nai sáldase cun gasto por parte dos marinenses no comercio local de máis de 47.000 euros, e unha elevadísima participación
A Sala de Xuntas do Concello de Marín acolleu o sorteo das 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros cada unha que o Goberno local reparte co gaio da Campaña do Día da Nai. No sorteo estiveron presentes as concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín, así como un funcionario municipal, encargado de levantar a acta.
De todos os tickets presentados á campaña, despréndese unha inversión total de 47.000 euros realizada pola veciñanza marinense no comercio e na hostalaría local durante o período que durou a campaña, do 1 de abril ao 4 de maio.
Ademais de ter moi bo resultado, a campaña demostra “que moita xente merca e moito en Marín e que hai unha moi boa diversificacións dos negocios nos que se compra e cremos que iso é un bo síntoma”, explicou a rexedora.
As persoas agraciadas están a ser contactadas telefónicamente para que acudan a recoller a súa tarxeta entre mañá e pasado na Oficina de Turismo da Praza de España, con horario de 11.00 a 20.30 horas.
A tarxetas poderá ser utilizadas nos comercios e locais de hostalaría da vila con límite ata o 30 de xuño.




