As concelleiras co listado de admitidos.

A Concellaría de Benestar Social publicou este mediodía as listaxes de admitidos nos campamentos de conciliación de verán, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que finalmente pechan a súa convocatoria con 327 prazas habilitadas. As listas poden consultarse tanto no taboleiro de anuncios do Concello como na páxina web, a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/benestar-social/campamentos-de-veran-de-conciliacion/
Analizando os datos polo miúdo, recibíronse 86 solicitudes para a primeira quincena de xullo, 81, na segunda quincena; 54, na primeira de agosto; 44, na segunda; 22 na de Mogor e 40 na de Seixo.

Forma de pago
O pago pode realizarse de tres formas:

  • Por domiciliación bancaria na conta que indique a persona beneficiada. O cargo na conta do solicitante será realizado o 5 de xuño de 2024.
  • A través da PASARELA DE PAGO na páxina web do Concello de Marín, do 3 ao 7 de xuño
  • Nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín. O pago realizarase en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xuño

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *