A alcaldesa, María Ramallo, recibiu na Casa Consistorial a Tomás Clavijo, que colleu o relevo de Pedro Cardona para seguir dirixindo o centro castrense

A alcaledesa, María Ramallo, recibiu esta mañá ao novo comandante director da Escola Naval Militar, Tomás Clavijo, que desde o pasado mes de xullo recolleu a testemuña deste cargo da man do seu predecesor, Pedro Cardona.

Trátase da primeira visita institucional do novo director ao Consistorio, reforzando e mantendo así a liña de colaboración e respecto entre ambas institucións. A alcaldesa deulle ofi cialmente a benvida ao seu novo destino e ensinoulle as principais dependencias municipais, como o Salón de Plenos do Concello.

Ambos coincidiron na boa relación existente entre a Armada e o municipio marinense, incidindo na importancia de manter o labor institucional que se fai desde o centro castrense na participación e presenza en eventos importantes para a cidadanía de Marín, así como da súa Banda de Música Municipal.
Ramallo desexoulle todos os éxitos e os acertas na súa nova etapa laboral, na que o nexo coa vida civil de Marín será constante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *