O centro está situado nas instalacións do Parque Azul e conta cunha aula gastronómica e de showcooking ademais de tres despachos independentes e outros dous espazos a maiores, unha sala de reunións e baños totalmente equipados

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) deu a coñecer a bases polas
que se regula o Espazo de Innovación Alimentaria situado no Parque Azul de Marín. As presentes bases teñen por obxecto a regulación do funcionamento deste espazo, co que se quere atraer de xeito importante o emprendemento á nosa vila, establecendo o procedemento de adxudicación de espazos, a relación entre os cesionarios e o órgano de xestión do EEIA, a normativa de réxime interno, e o réxime económico.

O centro está situado nas instalacións do Parque Azul, con acceso dende o casco urbano da vila e conta con: aula gastronómica e de showcooking cunha superficie de 85,83 m2 e tres despachos independentes de 17,97 m2, 16,27 m2, e 21,38 m2 respectivamente. Ademais, existen outros dous espazos a maiores, unha sala de reunións e baños totalmente equipados.

O obxectivo principal da implantación deste espazo é o de dar ao Concello de Marín a
posibilidade e o impulso necesario para responder a unha demanda das empresas de toda
a provincia nun lugar inmellorable e coa mellor comunicación posible. Ademais, a posta en marcha do EEIA por parte do Concello (e xestionado por AJE) ten, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Favorecer a promoción das empresas do sector alimentario e dos produtos locais
    facilitando o espazo do EEIA para demostracións de produtos innovadores,
    showcookings, e diversas actividades que poidan xurdir da asociación coas empresas
  • Servir como espazo formativo especializado no sector da alimentación
  • Contribuír á creación, impulso e consolidación de novos proxectos empresariais.
    O servizos que porá a disposición dos beneficiarios serán os seguintes:
  • Información e asesoramento en temas de emprendemento.
  • Servizo de limpeza e mantemento.
  • Iluminación.
  • Climatización.
  • Liña telefónica e conexión a internet.
  • Uso de zonas común

Neste senso, e a efectos de control interno, os cesionarios deberán solicitar ao órgano de xestión do EEIA, a utilización dos espazos de uso común. O obxectivo da EEIA é funcionar como un proxecto aberto, dinámico e innovador, no que se cren sinerxias económicas e sociais con institucións, asociacións ou entidades de diversa índole que teñan influencia na área comarcal e que poidan atopar neste espazo unha oportunidade de negocio e de creación de novas ideas empresariais no ámbito
alimentario.

Para coñecer a fondo os requisitos tanto para ser cesionario do centro coma a capacidade así coma as solicitudes necesarias e os baremos para poder optar a un dos postos do EEIA, consultar na páxina web da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí