Desde o concello tivo lugar unha reunión de coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local coordinado a través da Alcaldía e o concelleiro delegado da área para definir protocolos de actuación estes días. A programación de festas, concertos e actividades e o propio día do Carme centró as actuacións para tratar de reforzar, organizar e visualizar unha seguridade nos espazos abertos que concentrarán maiores aforos e actividades a desenvolver.
Para esta fin de semana farase un especial control a algunhas zonas que están a concentrar maior grao de persoas, sobre todo novas e que requirirá dunha actuación especialmente específica para esta zona.
A programación está pechada e irase matizando se as circunstancias sanitarias empelotan e require que se tome outras medidas máis restritivas en canto a aforos. O obxectivo é promover actividades de dinamización de acordo con todas as medidas de seguridade.
Nas actividades tanto sentados como de pé esixirase o uso de máscara e terán sempre un control de aforo e medidas de seguridade de entradas e saídas.
Quedan reunións coa Escola Naval e coa Autoridade Portuaria tendentes a garantir un desenvolvemento tranquilo, dinámico, concienciado e coordinado.