O grupo municipal do PP no pleno do venres.

O Partido Popular de Cangas nunca aprobará un orzamento municipal de municipal se suben 70.000 Euros dun ano a outro. É, din, unha “estafa” á veciñanza, como xa dixeron no Pleno Extrtaordinario. Dende e o grupo maioritario da Corporación sinalan que no documento se recollen incrementos inusuales na partida de ingresos respecto aos do ano 2023, isto quere decir que subirán impostos ou cobrarìan mais tasas.

Creen que os ingresos por multas que suben 150.000 euros dun ano a outro, nas tasas que pagan os veciños para ludotecas ou o Conservatorio. O cero e que gastarán 3 millóns de euros mais ao ano, sin que existe ningún servizo a maiores. Un aumento “artificial” que, para o PP de Cangas, ten como único obxectivo
«satisfacer os gastos das tres formacións que conforman o equipo de goberno».

“O peto da veciñanza é o pegamento que une a este goberno dende o venres”, expresan . Ademáis de inflar o capítulo de ingresos, non xustifican o aumento de gasto . “Son numerosos los reparos de intervención deste goberno, é de auténtico récord na historia municipal” resaltan, sinalando o técnico municipal múltiples deficiencias e incumprimentos dos procementos de contratación pública establecida na normativa vixente, se contrata de xeito irregular.

Un exemplo, é a grúa municipal, “a veciñanza estivo pagando un renting a razón de 2.000 euros ao mes por unha grúa aparcada no concello, non tiñamos conductor, para mover coches pagamos a unha empresa de Poio, que viña coa sua grúa e dos chóferes, explican. “Un despilfarro de cartos que se tiraban mentras se decía que non se podia pagar un bacheo, ese é este goberno, que ahora poden seguir gastando.

“Incrementan o gasto corrente (sin xustificar) nun 40% ata os 7 millóns de euros sen explicación algunha e prestando os mesmos servizos. Este documento é pura contabilidade creativa” declaran. “Ninguneouse á forza maioritaria da Corporación e aos preto de 6.000 veciños e veciñas que representa” critican. “Otro exemplo máis do estilo de ordeno e mando deste Goberno que segue sen asumir que está en minoría e, ademais, da forma máis sectaria” sinalan.

“Mentras Alternativa dos Veciños estuvo 4 meses cos Orzamentos para poder analizalos, e chegando a conclusión que están os ingresos inflados, tal e como anunciaron no Pleno, nós tivemos 15 días. Iso é o que entenden por diálogo”. Despois, marcan un Pleno Extraordinario, unha semana antes do ordinario, adiantan a hora de celebración, e todo isto sen consultar sequera. «Un acto dictatorial xa que sempre foi algo que se tomou por consenso entre todos os grupos, ata o pasado venres cando os que ían consensuar, ordenan e mandan”, sentencian os populares que auguran que «será o tempo o que siga destapando cada unha das mentiras e enganos do equipo de goberno, como xa aconteceu neste primeiro ano de mandato”

O Partido popular de Cangas di que «seguirá traballando con rigor na fiscalización da acción de goberno, “un traballo que está reflexado nas decenas de moción presentadas, case todas aprobadas e, na súa maioría por unanimidade”. Estas mocións, lembran, eran as enmendas que votamos a favor no pleno, eran todos os acordos plenarios que este goberno non cumpliu.

“Os que manteñen bloqueada Cangas son os que incumpren sistemáticamente todos acordos plenarios” insisten. “Apoiamos as enmendas presentadas por AV porque entendemos que mellora un documento que non é críble” explican, á vez que sinalan que traballarán na elaboración de novas enmendas no período de exposición pública, “é unha vez máis quedará en evidencia que os que non negocian, nin coa plantilla municipal son o BNG e os seus socios” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *