Óscar Graña na porta da base do 061 de Cangas.

O representante nacionalista foi escollido por unanimidade co 81% de participación

Nas eleccións sindicais celebradas este mes de xuño Óscar Graña foi reelexido representante sindical por 4 anos máis para estar á fronte do persoal sanitario da empresa concesionaria Ambulancias do Atlántico, que presta servizo no 061 en Cangas.

Ademais da negociación do novo Convenio Colectivo (actualmente derrogado) e a representación de aspectos laborais, a CIG destaca como aspectos fundamentais no traballo sindical na comarca o reforzo dunha ambulancia máis para o Morrazo con base en Cangas e as novas instalacións previstas para o 061 na futura instalación sanitaria de A rúa.

Con respecto a ambulancia de reforzo, Óscar Graña criticou duramente o anuncio do PP no Parlamento galego de que implantará á Rede de Transporte Sanitario Urxente ambulancias de Soporte Vital Básico cun só condutor e ambulancias de Soporte Vital Avanzado tan só con persoal de enfermería para substituír aos equipos completos do PAC de medicina-enfermería.

Así mesmo, o sindicato nacionalista denunciou tamén que a dirección do 061 se negue a mostrar o borrador do vindeiro contrato de prestación Transporte Sanitario Urxente que caducará o vindeiro outubro, onde se recollen as características e número de ambulancias que estarán operativas en Galiza.

Con respecto ás futuras instalacións recollidas no borrador da nova instalación sanitaria en Cangas, advertiu que non van permitir o que consideran “un ataque directo a modo de castigo para o persoal técnico de emerxencias sanitaria”, posto que non conta co mínimo espazo nin a dotación a necesaria para prestar o servizo. Na actualidade contan con garaxe propio onde realizar tarefas de mantemento e para resgardar a ambulancia das inclemencias meteorolóxicas ademais dunha zona de traballo e descanso para o persoal. “Os responsables do deseño da nova base tan só se prantexan debuxar unha liñas de aparcamento reservado no chan e unha lugar que non conta nin con baños separados para mulleres e homes”. “Esixiremos estar presentes e ter información puntual no deseño da instalación durante todo o proceso”. Sinalou Graña.

Na actualidade Óscar Graña ademais de Delegado de Persoal e Prevención de Riscos Laborais do Centro de Traballo do 061 de Cangas, é membro da executiva da Unión Local da CIG no Morrazo e representante do sindicato na Consello Local de Sanidade. Ademais, participa na comisión negociadora do convenio colectivo galego de ambulancias que ten convocado mobilización en Compostela o vindeiro día 15 en Compostela polo estancamento das negociacións. Así mesmo, forma parte tamén da mesa.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí