Os taxis na parada do centro de Bueu.

Iniciarán unha campaña de recollida de firmas nos establecementos comerciais con esta demanda para «desconxestionar» o tráfico

«A rúa Montero Ríos ten que volver ser de dirección única os días de mercadillo, co que conseguiremos desconxestionar o tráfico», é a solución que demandan os taxistas de Bueu ao caos circulatorio que vive o municipio os días de feira. Así, explican, haberá dúas vías de saída cara a distintos lugares do pobo e non só unha como agora a través de Pazos Fontenla, onde se instalou unha rede semafórica que tamén está a acadar numerosas críticas. Poderían circular os coches a través das rúas Johan Carballeira, Rosalía de Castro, F. Escaneo e Can do Penedo.

O sector está convencido de que é «así de sinxelo» e que «non hai que buscar problemas» senón «solucións viables para todos» en relación ao «pasotismo» do que acusan o alcalde, Félix Juncal, ao que ameazaron onte iniciar unha folga colocando os seus taxis na parada onde se instala o mercadillo os luns e os xoves.

Os taxistas buscan respaldo entre os veciños e informan que comezarán unha campaña de recollida de firmas nos establecementos comerciais do municipio para instar ao Concello a que acceda a esta petición de que Montero Ríos volva ser de dirección única. «Os cidadáns de Bueu estamos cansos do pasotismo por parte deste concello, que fai caso omiso das nosas necesidades como cidadáns. Só interesámoslle cando hai eleccións», critican.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí