Ambienta da Festa do Mar de Vilaboa.

O alcalde convida durante a inauguración ao consumo e á defensa dos productos locais de “calidade inmellorable”

A variedade nas elaboracións e a calidade dos pratos presentados nos diferentes stands de cociña favoreceron unha excelente acollida por parte do público na primeira xornada da Festa do Mar de Vilaboa que se desenvolve no adro das festas de San Adrián ata este domingo 13 de abril.

O acto de inauguración do evento correu a cargo do alcalde de Vilaboa, César Poza, que estivo arroupado por representantes do sector e aproveito a súa intervención para convidar a toda a veciñanza a consumir e defender os produtos do mar de Vilaboa “pola súa calidade inmellorable” e tamén porque o “o sector do mar é moi importante para no municipio e é imprescindible poñer en valor o seu traballo”.

As ostras e o polbo foron dous dos produtos que máis demanda rexistraron nesta primeira cita da Festa, seguidos do choco que, sen dúbida, foi o prato estrella. Elaborado en empanada, en empanadillas ou con arroz as elaboracións a base de choco conquistaron aos comensais.

O restaurante A casa de Rosa de Mazaroca e a Taberna A Garboa desprazaron as súas cociñas á carpa para elaborar en vivo as distintas propostas coas que rinden tributo ás mariscadoras e bateeiras de Vilaboa. Tanto estes dous establecementos como a Panadería Figueirido, cunha receita propia de empanada de mexillón e de choco, traballaron en colaboración coa Confraría de Vilaboa para facer un produto que escasea e que elevou o coste da materia prima básica para a elaboración dos pratos.

A pastelería Doceiras do Mar encargarase do toque doce, cunha gran variedade de sobremesas a precios populares e o stand cafetería está da man do bar Chancho. E xunto aos produtos do mar comparten protagonismo e promoción os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán.

Os stands degustación volverán a abrir esta noite e mañán domingo ao mediodía con tapas e racións con prezos populares: croquetas de polbo e mexillón a 6 euros; empanadillas de choco a 5 euros; arroz con choco a 9 euros ou ameixas con garabanzos e polbo a 9 euros e mexillón ao vapor a 6 euros na Taberna A Garboa. Pola súa parte A casa de Rosa da Mazaroca oferta as tapas de ameixas con fideos a 7 euros, as ameixas á mariñeira a 8, o choco negro con arroz a 7,50, o mexillón en escabeche a 6 euros e seis unidades de croquetas de mexillón a 5 euros.

O programa musical, aberto este mediodía polo dúo Los Dinámicos, continuará hoxe às 21 horas coa charanga Os Encerellados e mañán coa actuación de Os Jalácticos ás 13 horas.

Tanto o alcalde de Vilaboa, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza da contorna a achegarse a San Adrián e gozar tanto da variedade de produto extraído das augas da ría como da calidade na elaboración que ofertan os restaurantes locais, a quenes o goberno local agradece a súa implicación con esta Festa que ten como obxetivo “a posta en valor dun sector, o do mar, cun peso importante en Vilaboa e que ten que enfrentar moitas dificultades”.

A artesanía local ten tamén este ano o seu espazo na carpa da Festa. Carmen Castro con “Cachiboreta”, amosa o seu taller de transformación con produtos vintage e motivos mariñeiros. A orfebre local Pilar Blanco presenta unha ampla colección de complementos inspirados na primaveira vilaboense.

O Concello adica un dos stands á promoción turística do propio municipio con información sobre rutas de sendeirismo, o entorno do Forno da Cal e As Salinas de Ulló, que comparte espazco co Punto Lila de información e asesoramento contra as violencias machistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *