As festas terán lugar os días 10 e 11 de maio, con verbena, misa, procesión, música tradicional e sesión vermú. O campo da festa contará cunha gran carpa para garantir a celebración en calquera condición meteorolóxica
Os lugares do Pereiro e Cadrelo, en Santomé de Piñeiro, celebrarán os días 10 e 11 de maio as tradicionais Festas de San Diego 2025, unha cita destacada no calendario festivo local, organizada coa implicación da veciñanza.
O sábado 10, a partir das 21:30 horas, dará comezo a festa cunha gran verbena, amenizada polas recoñecidas orquestras Os Player’s e Os Satélites, que garantirán unha noite chea de música, baile e bo ambiente.
O domingo 11, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne en honra a San Diego, seguida da tradicional procesión polas rúas e dun concerto do grupo folclórico Airiños de San Xulián, que porá en valor a música e cultura galegas. Como peche, terá lugar unha animada sesión vermú e a despedida das festas.
O campo da festa estará completamente cuberto por unha gran carpa, o que permitirá desenvolver todas as actividades con comodidade e sen depender do tempo.
Estas festas contan coa colaboración do Concello de Marín, da Comunidade de Montes de Sanomé de Piñeiro e da empresa Ence.