Visita dos concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos ao CEIP da Laxe, con motiva da espectacular actividade que levaron a cabo en todo o centro, coa participación das familias do alumnado, para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.
Trátase da III Mostra Laxeira, unha ocasión especial no que se amosa o traballo realizado por todo o alumnado, que se converteron en auténticos gardiáns do espazo, con instalacións relacionadas co universo por todo o cole: a biblioteca, as aulas, os espazos onde se ubica o material dos Polos Creativos… unha auténtica pasada!
Parabéns polo traballo, xa que a implicación da comunidade educativa no fomento da sostibilidade e o coidado do medio ambiente é fundamental.