A Festa do Samaín é, desde hai xa anos, unha data imprescindible nos calendarios
de pequenos e maiores de Marín. Coa chegada do outono e das primeiras castañas, tamén chegan as lendas, o terror e as actividades nos coles.
Os centros educativos do municipio están volcados coa celebración desta festa,
decorando as súas instalacións e tratando de deseñar actividades educativas que
non só impliquen ao alumando, senón tamén ás Ampas e ás familias en xeral.
Sobre todo, destacan as espectaculares decoracións que se levaron a cabo, tanto
no exterior coma no interior dos centros, que permite que os máis pequenos se
introduzan de cheo no ambiente do Samaín.
Ceip. A Laxe. Samaín en Ardán. Ceo. Sequelo.
Por outra banda, non poden faltar os concursos de decoración de cabazas, que
ano a ano en todos os coles implican ás familias. Tamén en moitos casos
aproveitarase a ocasión para facer obradoiros de comida con alimentos típicos
desta época ou magostos.
Por suposto, tampouco faltarán os disfraces para que alumnado, ampas e
profesorado poidan vestirse de terror e aproveitar. Tamén haberá especial fincapé
na narración de contos de medo, elaborados en moitos casos polos nenos e
nenas, e na transmisión oral de lendas e narracións curtas que permitan aos
rapaces practicar esta aptitud académica.
Eei o grupo Samain Virxe do Carme.
Desde o Concello queren poñer en valor todo o traballo que os centros están a
facer e agradecer tamén a colaboración das Ampas, grazas ás cales tamén é
posible facer do Samaín unha festa especial e chea de “terror”.
No que respecta ao Concello, acordouse con Juan XXIII e coa Comparsa Os da
Caña que se decorarán distintos puntos da vila, como a casa principal de Briz ou o
Palco da Alameda.
Ademais, o Concello anima á veciñanza a que se faga fotografías nestes
decorados, tanto se están disfrazados coma se non, e que suban as súas imaxes
ás redes, etiquetando ao perfil do Concello (@concellodemarin) e utilizando a
etiqueta #SamainMarin.