A iniciativa enmárcase dentro do programa «Xirarei polo Morrazo» a través da que investigan sobre cada unha das localidades que historicamente conformaban a comarca
Ante un salón de actos case ao completo, os cinco alcaldes e alcaldesas de Moaña, Cangas, Bueu, Marín e Vilaboa regresaron ao cole para someterse ao exame que os alumnos dos seis cursos de Primaria do Colexio de Educación Infantil (CEIP) Riomaior de Vilaboa preparáronse a conciencia dentro do programa «Xirarei polo Morrazo» que están a levar a cabo para coñecer un pouquiño mellor os cinco municipios.
En rigorosa orde, un a un péquelos foron collendo o micrófono para lanzar as súas preguntas, algunha incluso poñéndoos nun aperto.
O alcalde de Vilaboa conseguiu saír airoso, do mesmo xeito que o resto de rexedores dos que descubrimos detalles moi curiosos. Os nenos e nenas, que traballarán ao longo do curso aspectos como os xogos tradicionais de cada localidade, costumes culinarias coa elaboración de recetas a través de materia prima de cada pobo entre outras, aproveitaron a reunión dos cinco alcaldes e alcaldesas para documentarse e conseguir información de primeira man sobre o estado das praias, a situación da mobilidade, as especies que se comercializan en lonxa e os lugares que cada un deles recomenda visitar.
Pero non só preguntaron eles, tamén a alcaldesa de Marín atreveuse a facer unha pregunta cuxa resposta chamou a atención dos presentes… Hai canteira para a política…
O proxecto rematará a finais de curso cunha acción de impacto que pode ir desde a gravación dun vídeo promocional, ata a elaboración de paneis explicativos ou unha visita a un centro de maiores para compartir a experiencia con eles.