A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, presentou o evento xunto co voluntariado das Hermanas de la Caridad
O Comedor Social de Marín acolleu esta mañá a presentación do XXXVII Festival do Kilo, na que xa é a súa 37 edición. No acto estiveron a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, así como personal voluntario das Hermanas de la Caridad. Tal e como rememoraron durante a presentación, este festival leva facéndos desde o segundo ano que abriu o Comedor para levar adiante a súa acción social. Desde entón, fíxose interrumpidamente, sendo sempre un éxito de convocatoria e un exemplo de solidariedade por parte da organización e dos artistas que participan.
Este ano, o cartel está composto polo Gaiteiro Moderno, Manuel Somoza, Antonio Peixoto, Ale y Marcos, Candela e Arte&Maña. Tal e como explicaron durante a presentación, estes artistas veñen de forma solidaria e coma todos os anos, a única aportación que é preciso facer como público e “un, dous, tres ou os quilos que se queiran de alimentos como doazón para o comedor”.
O que máis precisa o Comedor son alimentos non perecedoiros, especialmente aceite, pero recordan os voluntarios que calquera axuda sempre é benvida. O festival será na Alameda este venres e dará comezo ás 20.30 horas.
Durante a presentación, as responsables do Comedor quixeron ter un recordo importante para persoas que fixeron grande este festival desde a súa primeira edición, como Xan das Canicas, un humorista de Pontevedra, o acordeonista Diosiño, acordeonista, o Trío Ruada, o Gaiteiro dos Alegres e outros moitos.
O comedor, un servizo social imprescindible que dá servizo a cerca de 80 persoas
O comedor social leva sendo un puntal da asistencia social fundamental na vila marinense. Incluso durante a pandemia, os usuarios podían levar dúas racións de comida quente todos os días, ademais dun bocadillo para a cena.
Normalmente, o comedor social ten 80 prazas e durante o verán normalmente vai unha media de 70 persoas. Algúns dos nomes importantes das persoas que levaron adiante o comedor foron Sor Dolores Boado, Sor Celsa e Sor Leonor.
O comedor conta coa colaboración do Concello de Marín, a través dunha subvención nominativa de 5.000 euros ao ano, así como co apoio económico da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.