Ambulancias do 061 ás portas do centro de saúde de Cangas.

Benigno Villoch pídelles que para cuestións que non sexan vitais pidan cita no seu centro de saúde para ser atendidos debido a que «aínda que estean lonxe a cita será telefónica». Así, ante a falta dun facultativo destinado á atención aos desprazados, evitarase o colapso das urxencias

Hoxe, 1 de xullo, o centro de saúde de Cangas continuará aberto pola tarde pero o seu responsable está preocupado por como o equipo médico, que se atopa baixo mínimos ao non cubrirse as vacacións nin as baixas e, ademais, non contar cun facultativo para os desprazade@ s, poderá atender a tod@ s os usuarios e usuarias que o demanden. É por este motivo que lanza un chamamento a l@ s turistas que desde hoxe estean ou pretendan pasar as súas vacacións en Cangas e que precisen de atención sanitaria. Benigno Villoch pídelles que, #ante cuestións que non sexan vitais, soliciten cita no seu centro de saúde habitual para evitar o colapso das urxencias. «Aínda que estean lonxe, a cita será telefónica e, por exemplo, cuestións como repoñer a medicación ou para receitas son posibles na distancia e non é necesario acudir a urxencias», explica Villoch.

O xefe xa vaticinou que este sería un verano “moi duro” porque “a xente ten ganas de moverse” e teranse que atender os servizos habituais, os desprazados en urxencias e a campaña de vacinación.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí