Mesa Local de Comercio de Marín.

Esta mañá celebrouse unha Mesa de Comercio Local para abordar este punto entre outros

A alcaldesa, María Ramallo, presidiu esta mañá unha nova convocatoria da Mesa Local de Comercio, na que participaron tamén a concelleira de Comercfio, Cristina Acuña; o axente de Emprego e Desenvolvemento Local, e representantes do resto de grupos da Corporación, así como das asociacións Estrela de Marín e Acemas e a Xunta de Galicia.

Unha das razóns polas que se convocou a mesa foi precisamente para fixar a celebración do Stock Marín, a feira de oportunidades e saldos que organiza Estrela coa colaboración do Concello e a Xunta, para a fin de semana do 6 ao 8 de febreiro.

Será a edición do inverno, que se coordina coa de verán, e na que os establecementos comerciais de Marín atopan unha oportunidade para dar saída ao stock que teñen, con prezos moi competitivos que atraen o interese da veciñanza.

O encontro tamén serviu para repasar outras actividades e iniciativas que se levaron a cabo ao longo do ano por parte de ambas asociacións comerciais e cales serán algunhas das que impulsarán no 2026.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *