Concelleira e xerente nunha presentación do Stock.

O xerente de Estrela de Marín e a concelleira de Turismo coinciden en que, de seguir esta tempada de borrascas para a próxima fi n de semana, non é seguro nin rentable celebrar o evento tal cal e buscarase unha campaña alternativa

A cadea de borrascas que está afectando á nosa comunidade parece que non nos abandonará de cara á próxima fin de semana, data inicialmente prevista para a celebración do Stock Marín, a feira de saldos do comercio local que permite dar saída ao stock existente.

Dada a situación climatolóxica, pode ser un risco instalar unha carpa na Alameda, ademais da pouca mobilización de clientela que se pode conseguir, tanto de Marín como de arredores, cun tempo tan malo. Así o analizaron a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e o xerente de Estrela de Marín, Yonathan Carreira.

Por iso, a semana que ven tomarase a decisión definitiva sobre a posible cancelación da feira. Nese caso, plantexarase unha campaña de dinamización comercial alternativa, en forma de bonos para os consumidores no comercio local, sendo conscientes da necesidade actual que ten o sector de incentivar as ventas, nun mes que xa de por sí é difícil e que se ve tamén afectado polo mal tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *