O evento, que celebra a súa decimoterceira edición foi presentado na Alameda e terá unha importante participación de artistas locais
A Alameda de Marín acolleu esta mañá a presentación da 13 edición do Son de Marín, un evento clásico da nosa programación de verán que encherá de música, cultura e arte as rúas e prazas da vila durante todo o fi n de semana.
A programación arrancará o venres, 1 de agosto, ás 19.00 horas, coa tradicional ofrenda fl oral á fi gura do músico e showman marinense John Balan. Será no Cemiterio de Santomé de Piñeiro co acompañamento do grupo Os de Marín. Despois, ás 21.30 horas, a Alameda acollerá o concerto “Marín Canta”, cos Saljarteir@s. A mención especial nesta edición será para Cantareir@s de Marín, pola súa traxectoria na promoción cultural no noso concello.
A xornada do sábado arrancará ás 11.00 horas cos pasarrúas simultáneos das Zumby Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército e Marina – Rúa do Sol), Os Chaneiros (Ezequiel Massoni – Jaine Janer), Rebumbio Percusión (A Cañota – Cantodarea – Avenida de Ourense) e Airiños de San Xulián (Jaime Janer).
As actuacións arrancarán tamén ás 11.00 horas coas Cantareir@s de Marín na Rúa Almuíña. Despois, ás 12.00 horas, solaparanse os espectáculos de Fentos e Frouma e Antonio Peixoto, na Rúa Lameira; Marín In Verso, con Céltica, na Praza da Veiguiña; As Ferriñas e Trompos Ós Pés, na Rúa Ribeira de Arriba e Pandereteir@s da Veiguiña, na Praza 8 de Marzo. Ás 12.30 horas, pechará a programación da
mañá a Banda de Música de Marín, cun concerto na Alameda.
Á noitiña, as actuacións retómanse a partir das 20.30 horas coa homenaxe a John Balan, presentado por Julio Santos Pena e na que se fará unha mención especial aos Chaneiros, proxectando o seu documental sobre a traxectoria de máis de 50 anos de historia. A continuación, actuará Daniel Castelli. Ás 21.30 horas, a música continuará en Méndez Núñez (detrás do Concello) co grupo de versións Bela&Charlo e coa Orquestra Cé Pantasma na Alameda. Ás 22.00 horas, será a quenda de Sr. Nilsson Band na esquina entre O Rural e o Nao e media hora máis tarde na Rúa Estrada, na esquina do Rincón de Juansito, actuará Four Passengers. Tamén a esa hora actuará Candela na Rúa Real.
O peche de festa será ás 23.30 oras na Alameda co concerto de Ricardo Parada.