O grupo do PP de Cangas na sede.

“Por fin están facendo o que víñamos reclamando desde o primeiro momento que no é outra cousa que consensuar e non impoñer un taxa que é manifestamente prexudicial para a nosa veciñanza” afirman

O Partido Popular de Cangas reclama ao Goberno local, liderado polo BNG, que se sente a negociar a rebaixa do incremento da taxa do lixo aprobada na última Asemblea da Mancomunidade. “Parece que a vindeira semana vai a haber xuntanzas, algo que reclamamos desde o primeiro momento e polo que obtaron unha fuxida cara adiante impoñendo, en lugar de consensuar, un taxazo que é manifestamente prexudicial para a veciñanza e para o tecido comercial e empresarial do noso concello”. Unha negociación na que, subliñan, deben participar todas as forzas políticas, “tanto as que reclamamos este diálogo desde o inicio, como as que compoñen os Gobernos municipais que agora se suman”.

Desde a formación insisten en que en ningún momento negaron a necesidade de incrementar esta taxa senón que “criticamos que de un día para outro se pretenda, nalgúns casos, ata quintuplicar o que se viña pagando ata agora”. “E o fixeron manipulando as cifras, engordando o que realmente están pagando a Sogama, e con cero autocrítica respecto á xestión do servizo” reflexionan. “A reciclaxe non só é boa para o medio ambiente senón que é unha ferramenta efectiva de aforro económico nos costes do servizo” continúan. “E a realidade é que non se fixo unha aposta clara e decidida por este intrumento, cunha escaseza clara de contedores e mesmo a ausencia doutros”.

Nesta liña, destacan que Cangas foi o último concello en instalar os contedores marróns e nunha cifra absolutamente insuficiente e o resto de contedores como os de envases (amarelo), de papel (azuis), o de vidro (verdes), entre outros. «Tanto é así que a nosa vila incumprirá o este ano o establecido na Lei 7/2022, de residuos e chans contaminados para una economía circular, que establece unha reciclaxe do 50% e apenas superamos o 20%” explican. “A mesma normativa á que se acollen para sablar os petos da veciñanza” engaden. “Polo tanto, estamos ante unha nula xestión durante unha década á fronte do Concello e a Mancomunidade que está a sair cada día máis cara á veciñanza” destacan, “e que tratan de esquivar cun incremento desorbitado da taxa do lixo, ás costas da cidadanía, para cadrar unhas contas que eles mesmos levaron a unha situación límite” continúan. “Son as protestas e acción decidida dos veciños e veciñas ás que están obrigando aos actuais responsables municipais a facer aquelo que tiñan que ter feito desde un inicio” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *