O Partido Popular de Cangas, a través da súa concelleira Isabel Figueiras, reclama ao goberno tripartito que habilite espazos no rural para a recolllida dos restos vexetais producido polos desbroces e podas. “É un problema co que se atopa moita da veciñanza que vive en casas no rural e que ao non atopar lugares preparados a tal fin os acaban depositando na contorna dos contedores para residuos urbanos” explica. “Para moitos residentes resulta impensable desprazarse con estes residuos ao Punto Limpo” engade, “polo que reclamamos que se habiliten contedores específicos en puntos estratéxicos do rural que permitar correxir o problema actual” insiten.
Dende o grupo municipal acusan ao goberno municipal de descargar a súa responsabilidade na veciñanza, “Eu preguntaríalle ao señor Iglesias se somos os veciños e veciñas os que temos que crear estes puntos de recollida ou é o Concello o que ten que ocuparse?” cuestiona Figueiras. Os populares tamén critican que en lugar de traballar para poñer en marcha solucións reais e eficaces o goberno municipal optou “pola política das ameazas e das sancións”, polo que instan a Iglesias a poñerse a traballar e gañarse o soldo “que lle pagan esa mesma veciñanza a cal ameaza” reiteran. “Deixe de escurrir a súa responsabilidade vendendo titulares en prensa sobre futuribles e póñase mans á obra habilitando zonas para o depósito dos restos vexetais para que sexan retirados de forma rápida e eficaz para que causen o menor impacto posible” reclama a concelleira do PP.
“Dende a nosa formación queremos volver a denunciar a desidia do equipo de goberno no mantemento das estradas e camiños de titularidade municipal, por moitos dos cales resulta imposible transitar debido a que a maleza invade as beirarrúas, ocultan a sinais de tráfico, poñendo e perigo a viandantes e conductores” afirman, “traballen, agora que xa teñen o seu ansiado soldo, ca veciñanza seguro co agradecerá” rematan.