Alberto Acuña esixe a súa rectificación e califica a medida de «surrealista e totalmente antidemocrática»
O voceiro do grupo municipal do PP de Vilaboa, Alberto Acuña Crespo, vén de denunciar que o alcalde, César Poza, e o goberno local socialista queren obrigalo a pagar taxas para dar trámite a unha solicitude de información plantexada no marco das súas competencias como concelleiro da corporación. En definitiva, o rexedor pretende que a oposición pague por cuestión vencelladas polo seu traballo política de fiscalización e control ao executivo municipal, polo que esixe que se proceda á rectificación inmediata desta medida.
“Estamos ante unha situación surrealista e totalmente antidemocrática propia dun rexedor caciquil que só quere entorpecer a nosa labor de control ao goberno e que dá boa mostra de que no executivo de Vilaboa hai moitas cousas que queren agochar porque son irregulares”, sinalou o concelleiro popular. Alberto Acuña solicitoulle aos servizos técnicos, en concreto ao arquitecto municipal e á Policía Local, que emitisen un informe sobre o novo asfaltado e as beirarrúas no barrio de Nores co obxectivo de determinar se están ou non en consonancia coa normativa vixente en materia de seguridade, accesibilidade e urbanismo.
Non obstante, en lugar de atender esta solicitude no marco da función de fiscalización recollida no artigo 77 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello de Vilaboa esixiu o pago dunha taxa, como se o concelleiro actuase en interese particular e non en representación da cidadanía.
Alberto Acuña insistíu en que esta esixencia de pago evidencia a falta de transparencia na xestión municipal e dificulta o control da actuación do goberno, co único obxectivo de debilitar o papel da oposición no Concello e alterando o funcionamento democrático municipal e o respecto á normativa.
“A miña obriga como concelleiro é velar polo interese de toda a veciñanza de Vilaboa. A taxa esixida é inxusta e vulnera o principio de representación recollido na lei. Espero que o alcalde recapacite e dea marcha atrás nesta decisión canto antes”, concluíu Acuña.