Caucho y césped ya retirados en el campo del Ceip Reibón.

Os populares consideran que este proxecto, cos terreos de xogo levantados e sen avances desde hai case dous meses, son unha mostra máis da “absoluta incompetencia do Bloque en todo o que non sexa protestar e manifestarse, xa que niso si que son uns fenómenos”

O grupo municipal do PP de Moaña vén de denunciar de novo a total paralización das obras de mellora dos campos de fútbol keniata dos colexios de Seara e Reibón, xa que seguen practicamente no mesmo punto que hai dous meses cando se iniciaron e non teñen visos de rematarse a curto prazo co conseguinte prexuízo para os alumnos e os demais usuarios.

Por elo, os populares criticaron os “incumprimentos e mentiras” do goberno do BNG tanto nos prazos de execución, xa que están a piques de cumprirse os dous meses que figuran no contrato, como no seu anuncio de que estas instalacións estarían rematadas antes do inicio do curso escolar, que comezou o pasado 8 de setembro, para o seu uso polos cativos.

Neste senso, o PP moañés lembrou que a finais de agosto xa denunciou que, tras uns primeiros días de traballos, os terreos de xogo quedaran levantados e non se estaban a experimentar avances malia que a actividade lectiva estaba a piques de empezar e agora, cinco semanas despois, critican que a situación sexa practicamente a mesma e non se rexistraran case avances en todo este tempo.

“Atopámonos ante un novo episodio máis do ‘culebrón’ da absoluta incompetencia do Bloque en todo o que non sexa protestar e manifestarse, xa que niso si que son uns auténticos fenómenos, pero cando hai que xestionar, atender á xente e preocuparse, neste caso, polos cativos, aí xa se lle rebentan as costuras por todos os sitios”, lamentou o voceiro municipal, Alfonso Piñeiro.

Ademais, o PP incidíu en que a actual situación destes dous campos de fútbol-7 demostra que a alcaldesa, Leticia Santos e o concelleiro de deportes, “mentiron descaradamente” a finais de agosto cando respostou ás primeiras queixas formuladas polo PP asegurando que as obras estaban en marcha. “Ou a rexedora mentíu ou a marcha das obras era tipo ‘ienka’ cun pasiño para adiante e outro para atrás porque só hai que mirar os campos para ver que están practicamente igual e que non van a poder ser usados en breve prazo”, manifestou.

Os populares engadiron que estes problemas veñen a ser novos atrancos e deficiencias nun proxecto que xa arrancou moi mal pola “incompetencia” do BNG, posto que inicialmente presentaron un proxecto que foi rexeitado polos usuarios e as Anpas posto que apenas supoñía unha reposición de area, tiveron que reforuúlalo xerando máis retrasos e logo aceptaron unha oferta anormalmente baixa, que bordeaba a baixa temeraría e que curiosamente procedía da empresa que acometeu, con moitas eivas, o proxecto do Casal.

Por todo elo, desde o PP moañés queren esixirlle ao goberno nacionalista que se tome en serio esta actuación dunha vez por todas e que a xestione con axilidade “porque xa vai un mes de curso escolar e, polo flagrante incumprimento do BNG, os nenos non poden usar estas instalacións e teñen que estar aquilatados nos patios en vez de empregalos para o seu lecer e esparcemento”. Ou ben pode axudar a organizar unha manisfestación para esixir que se arranxe canto antes unha situación perigosa para as crianzas dos colexios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *