Lembran que co problema está na rotura de tuberías da rede municipal que transcorre por debaixo do firme e que precisan da súa renovación
O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno municipal que actúe no progresivo afundimento da avenida do Espirítu Santo na parroquia de Coiro. A formación explica que cada pouco o vial presenta socavóns no firme que en moitas ocasións son sinalizados de forma moi deficiente repercutindo negativamente na seguridade viaria da estrada municipal.
Desde o grupo maioritario da corporación explican ca causa principal desta situación é o mal estado do tubaxe da rede municipal de abastecemento e saneamento que transcorre por debaixo que presenta roturas constantes e que precisa dunha renovación integral urxente. Un obra que defenden debe asumir integramente a concesionaria do servizo xa que non supón ningunha mellora da rede senón que aborda o seu debido mantemento para o seu correcto funcionamento. Por ese motivo nos parece inaceptable que se pretenda colar esta obra no Plan de Inversións da empresa concesionaria que ten por contrato e tampouco aceptaremos que sexa financiada con recursos municipais para facer o que a empresa non lle da a gana de facer” argumentan.
“Non entendemos que esta actuación sega durmindo o soño dos xustos e que por parte do goberno da sra. Gestido non se requira á empresa a facer outra cousa que remendos constantes e parcheando socavón por socavón” critica a concelleira popular Loli Hermelo. “A veciñanza está cansa desta situación e reclama solucións” insiste, “e miran con preocupación como os meses van pasando e non se fai nada de nada” engade.
“Esiximos que se poñan a traballar e que se poña en marcha por parte da empresa esta actuación tan urxente, que non se repita o do mandato pasado nunha parte do último tramo que unha obra de 4 meses eternizouse case un ano” recordan. “Xa é de sobra coñecido pola veciñanza o alto nivel de exixencia do goberno da sra. Gestido coa empresa” ironizan. “Só hai que ver os expedientes abertos polos constantes vertidos de augas fecais as nosas rías” continúan. “Ningún” rematan.