La concelleira recogiendo la bandera de O Con .

Denuncian que estamos a 2 de xullo e Moaña comeza o verán cun servizo de socorrismo incompleto

O grupo municipal do PP de Moaña denuncia que «non hai embarcación de emerxencias operativa porque as dúas prazas de patrón quedaron sen cubrir no proceso selectivo e agora a seguridade dos veciños e veciñas ten que esperar pola incompetencia do goberno nacionalista de Moaña».

Desde o PP de Moaña, informan, «xa se advertiu hai semanas» do que podería ocurrir. «Fixeron a convocatoria tarde porque decidiron agardar pola subvención da Xunta, como se a seguridade nas praias fose opcional. Unha irresponsabilidade e incompetencia de manual, cando a seguridade nas praias é responsabilidade municipal e non pode depender das axudas de outros organismos».

E o resultado, din, e que «chega xullo e o servizo non está completo», o que supón «un risco evitable que se repite ano tras ano pola falta de planificación e a improvisación da Concelleira Dolores Chapela, que deixa sen resposta un servizo esencial, sin contar que non fai outra cousa que mentir e enganar a toda a veciñanza, non só neste tema por certo».

«Esiximos que se resolva esta cuestión a maior brevidade posible», apremian os populares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *