O PP de Moaña nun pleno.

Os populares revelan que os campos de Keniata foron levantados o pasado 11 de agosto e non se fixo nada máis nun claro incumprimento, mentres que os pasos de peóns de Reibón seguen sen pintarse a apenas unha semana do inicio das clases

O grupo municipal do PP de Moaña vén de lamentar a “incompetencia absoluta” do goberno local do BNG que xera un “clima de decadencia global” no concello e que os populares exemplificaron, nesta época do ano, nos traballos de responsabilidad municipal previos ao inicio do curso escolar ou nas tarefas de limpeza e rozas, que tamén deberían estar acometidas por cuestión de imaxe nun momento forte do turismo e tamén de disfrute das zonas exteriores por parte dos veciños así como pola necesaria prevención fronte aos lumes forestais.

Os populares revelaron que os campos de Keniata foron levantados para a súa mellora o pasado 11 de agosto, pero desde aquela data non se rexistrou nin só un avance na obra e a mesma permanece paralizada no que supón un claro incumprimento que vai provocar que durante bastante tempo non poidan ser empregados polos rapaces e demais usuarios. Así mesmo, e tamén en materia vencellada á educación, desde o PP de Moaña criticaron que os pasos de peóns de Reibón, nas inmediacións do colexio, seguen sen pintarse a apenas unha semana do inicio das clases, polo que lle esixiron ao goberno local que acometa esta tarefa de inmediato pola seguridade dos alumnos.

Así mesmo, o PP local tamén denunciou unha total deixación de funcións en materia de limpeza e rozas de vías, beirarrúas e outros espazos públicos da vila, xa que estes traballos se executaron puntualmente nalgunha zona, pero a práctica totalidade teñen a maleza campando ás súas anchas.

“Curiosamente, estas dúas cuestións, que deberían estar resoltas e atendidas, son competencia de Dolores Chapela, que leva Medio Ambiente e Ensino, pero que realmente non traballa en nada e que, como xa dixemos, é a peor concelleira de Medio Ambiente da historia de Moaña e agora está facendo méritos para acadar o mesmo galardón na área de Ensino”, ironizou o voceiro, Alfonso Piñeiro.

Segundo explicou o concelleiro popular, estas dúas cuestións son significativas e tristemente paradigmáticas da “forte tendencia de crecente deterioro” que padece Moaña e que poden extenderse ao resto de áreas e ao longo do ano. “Hoxe falamos dos traballos educativos ou das rozas, pero dentro dun mes falaremos doutras cousas, porque o goberno de Moaña non atende a nada do que hai que atender e, en cada época do ano, as obras, os servizos ou as tarefas se retrasan ata o infinito
ou directamente non se fan nunha xestión puramente BNG”, lamentou.

Finalmente, Alfonso Piñeiro responsabilizou desta “desfeita de xestión” á alcaldesa, Leticia Santos, por delegar concellerías e traballos en quen non ten nin capacidade de traballo nin de xestión e por permitir que “o seu goberno teña sumido a Moaña nunha decadencia moi triste mentres ela adica todos os seus esforzos a protestar o que sexa contra o PP, a vender fume ou a actuar como unha comercial do BNG, é dicir, que non actúa nin un minuto como a alcaldesa de todos e a que necesita e merece o noso concello”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *