A zona do Toural donde reclaman o semáforo.

O Partido Popular de Vilaboa alerta dunha situación “totalmente inxustificable e perigosa” na estrada N-554, onde tres semáforos situados en zonas de risco foron retirados nos últimos días , mentres que outros continúan apagados, aumentando de maneira evidente a inseguridade viaria. Os puntos afectados son o semáforo de Ríomaior, o do Toural (Taparía O Toural) e o de Santa Cristina, xunto á igrexa

Estes tres cruces son áreas de grande tránsito peonil e vehicular, cunha elevada presenza de veciños, comercios e pasos de peóns. A ausencia de regulación nunha vía nacional con forte densidade de tráfico converte estes puntos en auténticos “tramos de alto risco”, valoran.

O portavoz popular, Alberto Acuña, lembra que este ano Vilaboa rexistrou varios atropelos, algúns deles en zonas moi próximas a estes puntos agora desprotexidos. “Eliminar semáforos ou deixalos sen funcionar nunha vía como a N-554 é unha temeridade. A xente cruza a diario por estas zonas e hoxe están completamente desprotexidas. Nin Fomento nin o Concello poden mirar para outro lado”, afirma Acuña.

Por esto, o PP de Vilaboa reclama a reposición urxente dos semáforos retirados, a reparación inmediata daqueles que permanecen apagados e un informe técnico de seguridade viaria en toda a N-554 ao seu paso polo municipio.

“A seguridade dos veciños non pode depender da improvisación nin do desleixo administrativo. Precisamos que as administracións actúen xa e con responsabilidade”, conclúe Acuña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *