Estado da alameda de Moaña.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Moaña tiran de ironía e solicitan «un mitin do BNG na alameda do paseo marítimo, para que deste xeito toda a brigada de Servicios poida desbrozar e adecentar esta zona que está nun estado de abandono lamentable».

«Pensamos que é suficiente que lle den a metade da atención que lle deron a praza do Concello antes do mitin que celebraron o pasado venres na que ata seis operarios estiveron deixando todo en boas condicións. Puido colar para a señora Pontón e demáis invitados que así se atopan todas as prazas, rúas e lugares de Moaña pero a veciñanza sabe perfectamente que o abandono é absoluto, o BNG lle esixe a veciñanza que cumpra nas súas testeiras o que o goberno non fai nos lugares públicos, agás daqueles sitios onde lles conven por motivos políticos», explican.

Para rematar, engaden, «non viria mal que se vallara o perímetro dos lateráis da fonte cibernética ata que se faga a obra de rehabilitación ou faladoiro xa que é un perigo para as persoas e sobre todo crianzas que pasan por alí, a xente xa fala e o que dí e que iso é un perigo e unha temeridade telo así».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *