Máis de 300 persoas concentráronse en abril nos xardíns da Xunqueira para pedir unha alimentación de calidade.

O grupo municipal popular de Moaña leva ao pleno que terá lugar mañá unha moción na que propón ao goberno local do BNG que «aprobe unha folla de ruta que permita que ó inicio do curso 2025/26 se poida levar a cabo a xestión directa dos comedores escolares e iniciar canto antes os contactos coa Xunta para darlle forma ó Convenio que proceda». Este es uno de los tres puntos que incluye la iniciativa de los populares, quienes también solicitan «incluir nos orzamentos do ano 2024 unha partida para o comezo da reforma da cociña do colexio de Tirán e o compromiso de habilitar unha segunda partida nos orzamentos de 2025 para que en setembro dese ano poida comezar a funcionar». E por último, e non menos importante, demandan ao executivo que preside a nacionalista Leticia Santos «solicitar as partidas ou subvencións para levar a cabo canto antes a reforma integral da cociña de Reibón».

O PP está convencido de que o sistema para que a alimentación nos comedores dos centros educatvos sexa a mellor posible é a xestón directa por parte do Concello na elaboración dos menús e na loxístca da distribución. Isto, din, suporía que o tempo dende a cociña ata o servizo da comida quedara reducido o mínimo, polo que a calidade dos pratos manteríase en óptmas condicións ata o momento de servir.

Por outra parte, explican que a elaboración con productos de proximidade sería unha vantaxe engadida, xa que Moaña conta con calidade e variedade e con proveedores e productores que poden surtr legumes, hortalizas, froitas, peixe, carne ou calquera produto para a elaboración dos menús con altos estándares de calidade, se estaría contribuíndo tamén nunha economía circular que redundaría o máximo posible no noso propio pobo.

«É perfectamente posible que o Concello xestone directamente todos os comedores escolares a partir do curso 2025/26, coas vantaxes que iso supón, e o máis importante, coa melloría na alimentación dos nenos e nenas, xa que o control da materia prima, a elaboración e a loxística se xestonaría directamente aquí, e a posibilidade de mermas na calidade veríase moi reducida», manifestan na moción.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *