Rodríguez, en la última bancada, tras el PP, y su compañero de partido entre el público en un pleno.

Cren que o episodio desta semana, tras varias suspensións previas das sesións destes órganos, foi “especialmente grave e bochornoso”

O grupo municipal do PP de Moaña vén de lamentar o estado de crispación e os insultos e ameazas que se profiren constantemente os concelleiros de BNG e PSOE nos órganos municipais e esíxelles aos representantes de ambas formacións que volvan de inmediato pola senda do respecto e do traballo a prol dos veciños.

Os populares criticaron que estes dous partidos leven un tempo convertendo as comisión informativas, e os plenos tamén aínda que en menor medida, “nunha batalla dialécticade absoluta falta de respecto e educación e nun espectáculo máis propio dunha liorta de rúa que nun espazo que debería estar adicado exclusivamente ao debate sereo, construtivo e respectuoso nos que se represente aos veciños con decoro e se traballe por eles”.

“Desde o PP queremos expresar a nosa fonda preocupación pola deriva das comisións informativas entre os concelleiros de PSOE e BNG, que converten estes órganos municipais nun escenario de actitudes belixerantes e maleducadas que son totalmente alleas ao que debe ser a política municipal e ao que os veciños agardan de ambas formacións, especialmente da que desempeña o goberno local”, sinalou o voceiro, Alfonso Piñeiro.

Os populares revelaron que estas circunstancias de enfrontamento “totalmente fóra de punto” entre nacionalistas e socialistas xa provocaron previamente a suspensión, en varias ocasións, das citadas sesións, pero mostraron o seu rexeitamento ao episodio sucedido esta mesma semana, “posto que foi especialmente grave e bochornoso con berros, insultos e ameazas cruzados entre ambas partes”.

O PP de Moaña tamén quixo lembrar que o PSOE votou a favor da investidura de Leticia Santos como alcalde en xuño de 2023 malia que non o precisaba, xa que obtivo maioría absoluta, e cre que isto demostra que “as forzas de esquerda sempre se unen, pero co único obxectivo común de tentar destruír ao PP, cousa que nunca conseguirán, e logo amosan as súas diferenzas reais e falta de proxecto común para atender aos veciños e tíranse os trastos á cabeza, pero o que está a pasar en Moaña non sucede en ningún outro lugar da provincia”.

Alfonso Piñeiro, que pedíu a ambos partidos que rectifiquen de inmediato a súa actitude, tamén advertíu ao voceiro socialista, Mario Rodríguez, que por moito que escenifique as súas diferenzas “dentro de dous anos votaría sen dubidalo unha nova investidura de Leticia Santos se o PP é a forza máis votada e non ten maioría absoluta, así que debería ir baixando o ton canto antes”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *