Una rata sobre un contenedor del barrio de Isamil.

O grupo municipal do PP de Moaña vén de esixirlle ao Concello en cada Comisión de Medioambiente, por unha banda a intolerable situación da finca de Concepción Arenal no Con, sen desbrozar e coas ramas e maleza que afectan ás beirarrúas que a circundan, as rúas e mesmo a casas de veciños con ramas que o vento tira sobre o tendido eléctrico e a rúa co conseguinte perigo para peóns, veciños e vehículos aparcados na zona, e o estado das beirarruás que é lamentable debido a falta de limpeza.

A concelleira xustifica a súa incompetencia en que se lle enviaron requerimientos a propiedade e non poden facer máis hasta que se resolvan. O que non dí e que xa hai denuncias no Concello de fai anos e que o problema non é que non se solucione, senón que empeora cada ano. O Concello ante a situación de risco real para persoas e propiedades colindantes a esta finca debe tomar cartas no asunto e facer a limpeza que proceda, xa que a lexislación vixente sí permite estas actuacións cando hai perigo real como é o caso. O Goberno terá que dar explicacións á veciñanza da súa desidia, supoñemos que ningún membro do goberno está afectado por esta situación, polo cal pasan do tema.

Por outra banda existe un problema de plaga de ratas en diversos puntos do Concello. Un no entorno dos composteiros da rúa Daniel Castelao onde estes animáis incluso entran en casas e establecementos comerciais, cando isto lle foi explicado polas veciñas a concelleira o súa resposte foi que iso no é así, que pode haber algún problema puntual, negando o que lle dixeron estas veciñas.

O mesmo problema está a suceder na zona do paseo marítimo de Moaña e tamén na zona de Samertolameu en Meira, onde o pasotismo é absoluto. Neste punto dende a Mancomunidade se negan a cambiar os contenedores do lixo que están en pésimas condición ata que se arranxe o problema da plaga de ratas, plaga da que son plenamente conscientes no Goberno nacionalista, pero que non lle interesa que se faga público porque demostra a súa incompetencia nos problemas do día a día dos veciños.

Para os populares o Goberno do BNG de Moaña ten que deixarse de desculpas e solucionar estas situacións canto antes. No caso de Daniel Castelao a situación dos composteiros non é a máis axeitada xa que a proliferación de ratas e cascudas é preocupante e supón un problema real de salubridade.

Polo tanto esiximos ao goberno do BNG que se deixe de mirar para outro lado e se poña a solucionar estes problemas de xeito urxente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *