O grupo municipal do PP de Moaña vén de esixirlle responsabilidades políticas á alcaldesa, Leticia Santos, e ao goberno local do BNG pola súa absoluta desatención cos problemas estruturais do vial do Con e de toda a contorna do miradoiro do Fiunchal durante catro anos.
Os populares explicaron que este espazos, que presentan fendas e socavóns de grandes dimensións e que están pechados ante o risco de desplome, son responsabilidade de Costas do Estado, pero o goberno municipal non fixo nada ante o seu evidente deterioro malia que o acceso ao miradoiro pechouse na primavera de 2021 polas súas importantes deficiencias.
É inadmisible que o acceso ao Fiunchal quedase clausurado hai máis de catro anos polo desprendemento de cascotes e que se vise que toda esta zona estaba colapsando e que a alcaldesa pasase olimpicamente do tema durante todo este tempo, enviando algún que outro requerimiento a Costas, pero é precisamente agora cando lle entran as presas. E agora, cando todo está a punto de virse abaixo, empezaron a moverse, pero só levan un par de semanas preocupándose con foto de senadora incluída e fotos en prensa cada dous días, por un problema importante que leva aí máis de 1.500 días agardando a que alguén o solucione”, sinalou o voceiro municipal, que considera que a alcaldesa terá que dar explicacións sobre o abandono da zona, a inacción municipal e o pasotismo de Costas do Estado co goberno do BNG e coas demandas dos moañeses.
O concelleiro popular cre que este caso é o exemplo perfecto da “desidia e abandono absolutos” que caracterizan a xestión dos nacionalistas ao fronte do Concello, “xa que todo o mundo sabe que o BNG non goberna en Moaña, porque iso supón atender e escoitar aos veciños e os seus problemas, o BNG ocupa o Concello para facerlle oposición ao PP, xa que o caso do Con demostra que non está para xestionar nin coidar aos moañeses, só para protestarlle ao PP en calquera administración na que goberne”.
Alfonso Piñeiro tamén ironizou coa falta de convocatorias de concentracións semanais por parte do goberno do BNG para esixirlle o arranxo inmediato a Costas malia que se trata dun problema grave que podería ocasionar, dada a súa mala situación, un accidente e poñer en risco aos moañeses”, suponse que terán que ser os sábados xa que os domingos xa os teñen ocupados e seguramente comencen a poñer pancartas pola zon a partires do 1 de xullo.
“Se Costas estivera rexido polo PP xa se houberan preocupado do problema hai tempo, pero non para solucionalo, senón para que facer o que máis lle gusta, que é montarlle bronca ao PP. Desde logo, Moaña non se merece este goberno”, indicou, antes de vaticinar que se esta contorna se traspasa á Xunta o 1 de xullo pola entrada en vigor da Lei do Litoral “aí si que haberá megáfono, pancartas e confrontación, que é que máis lles gusta cando está o PP gobernando en calquera outra administración”.