A concelleira obrigou a votar as contas na xunta de goberno desta entidade municipal celebrada onte malia que, por un erro administrativo, non se remitíu a documentación para o seu estudo, polo que os populares reclaman a súa marcha “ante unha nova cacicada do BNG”
O grupo municipal do PP de Moaña vén de esixir a dimisión da concelleira de Cultura, Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos, por tentar aprobar o orzamento anual do Padroado Municipal Beiramar de xeito ilegal no seo da súa xunta de goberno celebrada onte, xa que non se lle facilitara previamente a documentación aos representantes da oposición, como é preceptivo, pero ela impuxo a celebración dunha votación totalmente irregular.
Os populares revelaron que a edil nacionalista obrigou a votar as contas no órgano de dirección desta entidade municipal na xornada de onte malia que o concelleiro Ezequiel Fernández advertíu de que non dispoñían dos expedientes e reclamou o aprazamento do debate e aprobación do orzamento ata que puidesen acceder aos mesmos. Sen embargo, Coral Ríos esixíu que se votase co voto a favor do BNG, a abstención do outro grupo municipal e co non posicionamento do PP, aínda que a concelleira calificouno tamén de abstención.
“Podemos entender o problema no envío dos expedientes por cuestións administrativas, tecnolóxicas ou do persoal, porque sempre se pode producir un erro, pero é inadmisible que, malia as advertencias da oposición, a edil impuxese unha votación irregular a todas luces como se o padroado fose outro cortijo do Bloque de Moaña e obrigando a que votemos e nos posicionemos sobre algo que descoñecemos, unha situación inadmisible e ilegal”, laiouse o voceiro municipal, Alfonso Piñeiro, que revelou que posteriormente, tras a citada xunta de goberno, “alguén lle debeu facer ver que iso era unha cacidada e que o acordo podía ser recurrido”, polo que se volveu a convocar para hoxe ás 19.30 horas previo envío de toda a documentación económica na tarde de onte.
“Non nos vale a rectificación a posteriori, porque o fixo a concelleira foi impulsar unha ilegalidade a sabendas malia ser advertida por nós, polo que xa estamos fartos de que o BNG de Moaña se salte a lei e viva fóra da democracia e imos esixir que todos estes ditadores nacionalistas se vaian para a súa casa para depurar o réxime caciquil e fascista que teñen imposto”, recalcou o concelleiro, que lembrou que estes feitos repítense con moita frecuencia, como coas supostas corruptelas nos contratos menores, o amiguismo nas actividades sociais e culturais ou nos investimentos para os afíns.

