Os baños cheos de material.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Moaña denuncia o uso dos baños da Xunqueira como almacén de materiais deportivos «deixándoos totalmente inutilizables para as persoas con mobilidade reducida».

«É intolerable que á actual concelleira de mobilidade, Dolores Chapela, que xa se luciu coa chapuza da obra do pavillón de Reibón, permita esta discriminación sendo a nova concelleira entre otras cousas de mobilidade, demostra unha total falta de sensibilidade permitindo usar un baño para persoas con discapacidade como almacén», manifestan nun comunicado..

Por outra banda, engaden, o novo concelleiro de Deportes debería solucionar esta situación de forma urxente incluso antes de arranxar a chapuza do pavillón de Reibón que lle deixou en
herdanza a súa compañeira de goberno, é bastante obvio que esta área tamén está claramente implicada nesta situación.

«Pouco respecto demostra o grupo municipal do BNG polas persoas con mobilidade reducida, acabaron a anterior lexislatura cunha gran chapuza que a día de hoxe non se sabe cando se arranxará e comezan coa sua habitual falta de empatía, ademáis do descontrol en dependencias e servizos municipais que pagan toda a veciñanza e non só uns poucos», manifestan.

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ó Goberno que de forma inmediata arranxe esta situación e poña os baños da Xunqueira a disposición de todos os veciños e veciñas, e non utilicen a excusa de que non hai cartos para ter abertos eses baños máis tempo, «o que non hai e vontade de facelo». «O mellor é necesario máis servizo de limpeza e alguna festa menos», concluen.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí