Sosteñen que os aparcamentos rotatorios do BNG son «un parche mal feito polo goberno do BNGque non vai solucionar»
O grupo municipal do PP de Moaña manifesta que «o BNG non ten o mínimo interés en solucionar o problema da grave falta de aparcamento no pobo, agás de introducir un parche cos aparcamentos rotatorios que é insuficiente no seu tempo permitido e crea máis problemas que os que pretende arranxar, tampouco é posible garantir a seguridade xurídica dos veciños en caso de sanción xa que este sistema rotatorio non dispón de ningún sistema de control homologado e a policía local de Moaña ten máis cousas que atender que estar en permanente circuito automobilístico polo centro cámara en man.
Dar prioridade peonil é algo que se debe entender dende a configuración real de Moaña, do seu parque automovilístico e das necesidades dos veciños na súa vida e nas súas xestións diarias e por suposto tendo en conta ao tecido comercial que da vida a Moaña e xenera riqueza e emprego. Pero isto é algo que non lle interesa ao BNG como por certo xa demostra no tasazo do lixo que pretende impoñer aos
comercios, impoñer sen escoitar.
A obriga do BNG de Moaña é solucionar este grave problema estrutural e iso non pasa por suprimir prazas de aparcamento cada vez que o goberno fai unha actuación no pobo, un problema estrutural necesita unha solución de calado.
Isto non se solucionará mentres non se habiliten os lugares axeitados para crear máis prazas en zonas estratéxicas, simplemente porque ao BNG non lle interese para iso tería que marcar prioridades, definilas, negociar e finalmente investir para mellorar o que se necesita en materia de aparcamento.
A desculpa de que non é posible ampliar prazas de aparcamento é unha falacia absoluta do BNG, que non quere facer o seu traballo e pretende que sexan os demáis os que lle arranxen o problema. Problema que se agrava en Moaña cando falamos de mobilidade, cunha concelleira incompetente e insensible cos problemas dos veciños».

