“O tripartito está enchendo de merda as nosas rías”. Con esa contundencia e como califican desde o grupo municipal do PP a vertedura de fecais de onte en pleno centro da vila. Desde a formación sinalan que “leva días sen chover e tampouco foi por a falta de conexión dalgunha vivenda á rede. A única causa foi o seu mal funcionamento” declaran. “O que está pasando no noso concello é gravísimo e a xestión do goberno e da empresa un insulto a intelexencia da veciñanza” continúan. “Neste tempo xa quedaron desemascaradas as súas excusas de mal pagador e as súas promesas incumpridas” insisten. “Levan un ano gobernando para a empresa concesionaria” denuncian.
Desde o grupo maioritario da corporación poñen o foco na ausencia absoluta de críticas á concesinaria por parte do equipo de goberno, “compran o seu discurso ata a última como e renuncian a calquiera fiscalización da xestión do servizo. É un servilismo asombroso” critican. “Seguen sen cumprir os acordos plenarios que esixían, entre outras cousas, auditar á rede para o cal poderían ter pedido as subvencións autonómicas pero, claro, non as pediron. Non vaia a ser que atopen cousas que non interesan” afirman. “Tamén esiximos a apertura de expedientes sacionadores á empresa polas constantes incidencias. Logo reclaman acordos á oposición cando son incapaces de executar os acordos existentes. Non son de fiar” recalcan.
Desde o PP sinalan que o problema do saneamento amezada a produtividade das rías e son un grave problema para a saúde pública, para o noso sector pesqueiro ou o turísitico. “Os motores da nosa economía” destacan. “O problema do saneamento deixa en evidencia o que é a xestión do goberno do BNG e os seus socios: deixadez, parálise e incompetencia”. “O máis surrealista de todo é que as posibles multas por estas verteduras sairá dos petos de toda a veciñanza cando debería sair do peto dos membros do goberno local que seguen sen facer nada ante este problema” rematan.