A voceira dos populares de Bueu, Elena Estévez, critica á devolución por parte do Concello de máis dun 75% dos fondos transferidos pola Deputación de Pontevedra para a prestación de servizos básicos de emerxencia pola declaración do Estado de Alarma.
Coa declaración do Estado de Alarma, dentro das iniciativas que se puxeron en marcha desde a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a Deputación aprobou unhas bases para o financiamento extraordinario para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitantes.
En base a elas, din dende o PP, Bueu recibiu de forma anticipada 20.320 euros, unha contía necesaria para poder realizar numerosas actuacións dirixidas, tal e como recollían as bases da convocatoria. Atención a persoas maiores que vivan soas, atención ás persoas en situación de risco e/ou especial vulnerabilidade para a prestación de necesidades básicas de alimentación e hixiene así como tamén necesidades de desinfección das dependencias municipais incluídos os medios que se empregasen para repartimento de alimentos e productos de primeira necesidad a domicilio e tamén ós espazos e contenedores de residuos de zonas consideradas vulnerables.
É por iso que Estévez, tachou de “lamentable” a perda dunha parte importante desas axudas por culpa de falta de xustificación do goberno local, logo de que o bipartito (BNG-ACB) só gastase 4.200 euros e tivese que devolverlle os outros 16.120 á Deputación de Pontevedra por non os ter gastado.
“De verdade que, nun contexto como o que vivimos, non había familias que recorreran aos Servizos Sociais do Concello e que necesitasen desas axudas porque se atopan nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo? Non había ningunha familia con menores que tivese dificultades serias?”, non se precisaba en Bueu a desinfección das dependencias municipais ou mesmo de contenedores e zoas como praza de abastos, centro de saúde, etc.?, recordando que “o ano pasado entregouse ós grupos da oposición pola concelleira delegada naquel momento, un informe no que se afirmaba que durante a pandemia se aumentara o número de familias con necesidades pero despois acontecen feitos coma éste, que veñen a demostrar, unha vez máis, a pouca atención que prestan para poder xustificar o máximo posible das subvencións que as distintas administración lle conceden a Bueu”.